RECUPERACIÓN MUSCULAR: 5 SEGREDOS

En GoPrime, non entendemos o descanso como unha parada, senón como un pequeno paso cara atrás para poder dar un moito máis grande cara adiante. Como ben dixo a lenda do baloncesto, Michael Jordan «Podo aceptar o fracaso, pero non podo aceptar non tentalo». E para poder tentalo, a teu corpo e a túa mente debe estar o 100%.

Aqui podes atopar 5 segredos que empregan os profesionais para poder seguir crecendo como deportistas:

O sono: o teu mellor aliado

Non hai mellor suplemento ou método que supere a unha noite descansando horas de calidade. Durante o sono profundo, o corpo libera a hormona do crecemento, esencial para reparar os tecidos danados. Logrando deste xeito unha mellor e máis rápida recuperación física.

Hidratación con electrólitos

Cando adestramos en grupo, perdemos sales minerais que son os «cables» que levan a electricidade aos teus músculos. Se só bebes auga, dilúes os minerais que quedan. Por iso tras un esforzo intenso intenta repoñer sodio, magnesio e potasio. Evitarás ramplas e fatiga residual.

Recuperación activa

O descanso total aunque moitas veces se vexa como unha solución, pode chegar a ser contraproducente debido a que a sangre non circula para eliminar a fatiga muscular. Por iso dende GoPrime recomendamos que tras un evento ou quedada, camiña 20 minutos, nada ou fai unha sesión de mobilidade. Debido a que este movemento suave axudara a acelerar a recuperación.

A nutrición como modo de recuperación

O teu corpo tras adestrar necesita recuperar enerxía. Por iso precisamos unha combinacion de proteínas e hidratos de carbono para poder reparar o músculo e recargar enerxía.

A xestión do estrés

Se o teu corpo esta estresado, non recupera da mesma forma, debido a que o cortisol (hormona do estrés) bloquea a reconstrución muscular. Por iso e de gran axuda que durante o teu día dediques uns 10 minutos a respirar tranquilo e así axudar a que o teu sistema nervioso recupera máis rápido.

«Non adestramos para destruirnos, adestramos para construírnos. E a recuperación axudanos a dar un paso adiante»

Descubre máis aquí:

Deja un comentario

Descubre más desde GoPrime

Suscríbete ahora para seguir leyendo y obtener acceso al archivo completo.

Seguir leyendo